ponte

Orange Star

farruca

concello

de laza

White Shape Vector
tendadatildelaza outlook com
Circle

Tenda da

tilde

99100313/OU

988 42 21 26

carnicería - alimentación

- café bar -

Descanso do

Peregrino

Descanso do

Peregrino

A Romaría Ponte Farruca en Laza (Ourense) é unha iniciativa ​que busca a construción de sociedades e novas propostas de ​vida a través do diálogo, a igualdade, escoita e o divertimento. ​Ofrece diversas actividades multidisciplinares, como música, ​obradoiros, activiadades para cativada e cinema, para promover ​a convivencia, a aprendizaxe e o lecer sostible, e demostrar o ​potencial do rural para establecer novos modelos de sociedade.

obxectivos

  1. Reivindicar a igualdade da muller e a diversidade sexual ​e de xénero no rural e na provincia de Ourense.
  2. Visibilizar o colectivo LGTBQ+.
  3. Fomentar o desenvolvemento sostible do medio rural.
  4. Recuperar a memoria histórica da zona.
  5. Poñer en valor o patrimonio material e inmaterial da ​área.

a quen vai dirixida

O enfoque desta romaría está pensado para todas as idades, ​dende cativada ata xente xove na franxa dos trinta anos, ​como tamén para familias. Ofrece actividades apropiadas ​para todos os que desexan gozar dun dia diferente nun ​ambiente familiar, promovendo o respecto para todos os ​grupos.

edicións

2022

2023

2024

Actividades

ponte farruquiña

É unha actividade ​teatralizada de coeducación ​dirixida ao público familiar, ​cun obxectivo de poñer en ​valor a igualdade entre ​xéneros en diferentes ​ámbitos, sen esquecer o ​papel da muller no rural. ​Serve de plataforma ​importante para achegar ​estes contidos ás familias de ​Laza e da provincia de ​Ourense.

obradoiros

Ao longo da xornada os ​asistentes teñen a ​oportunidade de asisitir a ​obradoiros, impartido por ​profesionais da materia. Este ​tipo de obradoiro permite ​poñer en manifesto a nosa ​riqueza cultural no panorama ​musical e a socialización de ​persoas de diferentes ​ideoloxías, orientacións ​sexuais e de diferentes partes ​de Galicia.

coloquios e cinema

Contamos con figuras ​mediáticas do colectivo LGTBIQ+ ​para compartir coñecementos e ​conectar co público, fomentando ​a inclusión e o pensamento ​crítico nunha valiosa ​oportunidade de aprendizaxe ​persoal, tamén a través das artes ​cinematográficas querese ​visibilizar a muller cos obxectivos ​de sensibilizar e fortalecer o ​enfoque cara á igualdade de ​xénero.

farruca dates

É unha proposta única para ​fomentar novas amizades e ​conexións entre os asistentes. ​Durante a actividade o espazo ​está deseñado para que a ​xente poida coñecerse nun ​ambiente distendido e ​divertido.

Se buscas pasar un bo rato, ​coñecer xente nova e desfrutar ​do Ponte Farruca desde unha ​perspectiva diferente, o ​Farruca Dates é a opción ​perfecta. Vén preparado para ​abrirte a novas experiencias e, ​quen sabe, quizais fagas ​amigos para toda a vida.

tractorada engalanda

A "Tractorada Engalanada" é un ​evento que reflicte a dedicación ​da comunidade ao mundo rural ​e a súa capacidade para ​converter o cotiá en algo ​extraordinario. É unha ​demostración de orgullo local e ​unha experiencia divertida tanto ​para os participantes como para ​os espectadores que se unen á ​celebración. Esta actividade non ​só preserva a tradición agrícola, ​senón que tamén mostra que a ​creatividade e o espírito ​comunitario poden florecer en ​calquera lugar, mesmo no ​corazón do campo.

concertos

A combinación de música ​tradicional e contemporánea é un ​reflexo da evolución cultural e ​musical dunha sociedade. Ao ​incluír ambas formas de expresión, ​celebramos as nosas raíces e ao ​mesmo tempo abrazamos o ​cambio e a innovación. Isto ​enriquece a experiencia do público ​ao ofrecer variedade e conecta ​xeracións ao preservar a herdanza ​cultural mentres se abre espazo ​para novas voces e tendencias, ​abarcando ambos xéneros, ​tradición e a contemporaneidade ​vendo que coexistir ​harmoniosamente.

Equipa

Equipa

O Ponte Farruca é organizado por un grupo diverso de persoas de Laza, ​todas elas apaixonadas polo desenvolvemento do rural e a igualdade ​de xénero. Este equipo está formado por veciños e veciñas ​comprometidas que traballan arreo para crear un espazo inclusivo e ​vibrante.


A súa misión é clara: promover a diversidade, apoiar á muller e ​destacar o valor e a riqueza do rural galego. Mediante actividades que ​inclúen música, xogo para a cativada e artesanía, buscan ofrecer unha ​experiencia única que combina diversión e aprendizaxe. Cada ano, ​esforzanse por traer novas propostas e melloras, sempre coa intención ​de celebrar e preservar a cultura galega nun ambiente de respecto e ​tradición. O seu traballo reflicte un profundo compromiso coa ​comunidade e cos valores que representan o mellor do noso rural.

Lined Wireframe Portrait Frame

Contacto

ponte

Orange Star

farruca

Black Instagram Logo
White Facebook Logo Social Media Icon

pontefarruca@gmail.com

617 94 07 28

concello

de laza

White Shape Vector
tendadatildelaza outlook com
Circle

Tenda da

tilde

99100313/OU

988 42 21 26

carnicería - alimentación

- café bar -

Descanso do

Peregrino

Descanso do

Peregrino